24 de Outubro DIA DAS BIBLIOTECAS

Como cada ano, para festexar esta data, aproveitamos e celebramos tamén o Samaín. 
Quixemos facelo diferente aos anos anteriores. Este ano Lupita, a curmá mexicana de Buli, vén visitalo dende o que os mexicanos din que é o mundo dos "recordados". E é que Lupita finou hai uns anos e agora cada ano visita a un dos seus parentes. Con tal motivo, decoramos o corredor da biblioteca cun altar para Lupita con motivos mexicanos e tamén puxemos un divertido photocall. Dentro da biblioteca puxemos algunhas tumbiñas con imaxes de personaxes de conto e o seu respectivo conto ao lado.





0 comentarios:

Publicar un comentario