KALANDRAKA PRESENTA EN CULTURGAL O LIBRO-DISCO “CANTA CONNOSCO!” E A NOVELA “UN MONSTRO VÉN A VERME”

KALANDRAKA presenta este fin de semana en Culturgal, no Recinto Feiral de Pontevedra, unha selección das obras publicadas este ano, coas novidades que veñen de saír do prelo neste mes de decembro, e unha escolma do seu fondo editorial. Ademais, este sábado ás 18:30 horas está programada a actuación de Migallas Teatro no Espazo Infantil para interpretar cancións do libro-disco “Canta connosco!”, con motivo do 20º aniversario deste traballo musical. Ao día seguinte e á mesma hora, no Espazo Foro, o tradutor Xesús Fraga presentará a novela “Un monstro vén a verme”, acompañado polo psicólogo Enrique Casas, da xunta provincial en Pontevedra da Asociación Española contra o Cancro.

Polo stand de KALANDRAKA tamén pasarán o escritor Pepe Cáccamo que mañá venres ás 19:00 horas asinará exemplares de “O ganapán das palabras”, do que se cumpriron 18 anos da súa publicación. Seguiralle o autor de “A árbore da escola”, Antonio Sandoval, o sábado ás 13:00 horas. E pola tarde, a partir das 19:00 horas, María Campos e Carlos Yus do grupo Migallas, xunto co ilustrador Óscar Villán e o realizador dos videoclips de “Canta connosco!”, José Miguel Sagüillo.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 

A Morada de Buli Copyright © 2011 Designed by Ipietoon Blogger Template and web hosting