RECOMENDACIÓNS

A editorial Xerais vén de publicar os contos Brancaneves e os 77 ananiños e Cincenta e as zapatillas peludas, ambos os dous da autoría de Davide Cali, con ilustracións de Raphaëlle Barbanègre e traducidos por Anaír Rodríguez. Indicados para primeros/as lectores/as, son reinterpretacións dos contos clásicos e un canto á liberdade. Desde o humor cuestiónanse os estereotipos aceptados que impiden a educación en igualdade de dereitos de oportunidades de nenos e nenas.

0 comentarios:

Publicar un comentario