RECOMENDACIÓNS VERÁN 2021

 Xa chega o verán de novo. Con ganas de deixar atrás a máscara e as limitacións; pero tranquis, paseniño e con xeito. Buscade o momentiño que de seguro ides ter e disfrutade dun bo libro.

RECOMENDACIÓNS VERÁN

LETRAS GALEGAS 2021

 XELA ARIAS CASTAÑO

Letras Galegas 2021


Fai CLIC na imaxe e entra no blog que Buli preparou con cousiñas diversas sobre Xela para que sexas o que máis sabe sobre ela.


RECOMENDACIÓNS NADAL 2020

 Xa se achega o Nadal. Un Nadal peculiar o deste ano. Normalmente enviamos ás casas untrípticos coas recomendacións lectoras para esta época do ano; pero este ano iso non o podemos facer. E ocorréusenos este sistema. Na imaxe que vedes, podedes facer clic sobre cada carátula para visualizar información de cada libro. E, xa sabedes, se é do voso interese non dubidedes en ir a libraría a mercalo para disfrutalo.

BO NADAL  E BOAS LECTURAS.

BENVID@S A ESTE NOVO CURSO (2020-2021)

 Ola de novo. 

Comezamos este "especial" novo curso na biblioteca de Buli. Aínda que para a hora de ler xa se comezou a prestar exemplares, agora queda que os nosos alumnos-as poidan tamén levar os libros en préstamo. 

Está xa elaborado un cadrante no que cada curso ten asignado un día para baixar á biblioteca. As visitas non poderán ser tan frecuentes coma en anos anteriores, polo que estivemos dándolle voltas á cachola e, finalmente, atopamos un xeito moi doado de poder solicitar libros da biblioteca de Buli dende a vosa propia casa.

Non tendes máis que facer clic na imaxe dunha meiga que podedes ver á dereita do blog e, desa forma, entrades no catálogo online da biblioteca do CEIP Castrillón de Coiro. Á esquerda, facedes clic onde pon "busca avanzada", onde pon sección selecionades "infantil" e hala a buscar un libriño. Pódese buscar por título, autor, ...

Cando vexades a información do libro ou libros, hai un apartado chamado "localización" que vos dirá a que tipo de lector vai dirixido o libro segundo o seguinte criterio:

I1.. Educación Infantil     I3.. 2ºCiclo (3º e 4º)

I2.. 1ºCiclo (1º e 2º)      I4.. 3ºCiclo (5º e 6º)

Se remata en G o libro será en Galego e se remata en C é porque está en Castelán.

IMPORTANTÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO. Tamén hai libros para adultos que se poden prestar co número d@ vos@ fill@; pero sería mellor que solicitárades o voso propio carné. Preguntade no noso email: moradabuli@gmail.com




RECOMENDACIÓNS DE VERÁN 2020

Non esquezades un bo libro para este verán. Velaquí van unas recomendacións que Buli vos quere achegar, facédelle casiño e pasade un bo veraniño.


2020 DÍA DO LIBRO

Xa que non podemos facer a actividade prevista no cole, dende as aulas ( en casiña) xurden iniciativas para conmemorar este día. 
En E. Infantil engadiron una pestana neste PADLET exclusivo para o día do libro na que @s nen@s e outr@s membros da comunidade educativa van engadindo una imaxe cun libro que están a ler e que, por suposto, recomendan.

Made with Padlet


MULLERES TERRÍCOLAS

O amigo alieníxena de Buli andivo preguntando por persoas que teñen ou tiveron algunha relevancia no noso Planeta. Concretamente lle interesou saber sobre mulleres sobresaíntes. Despois de indagar fixo esta selección con imaxes delas e tamén selecionou na biblioteca algúns exemplares de libros sobre mulleres e/ou escritos por mulleres.
Ollade as imaxes da exposición coa que amencemos hoxe...