Día do Pixama 2021

Hoxe, na Morada de Buli, celebramos o Día do Pixama, unha iniciativa de ASEAF (Asociación Española de Acollemento Familiar) para celebrar o Día Internacional dos Dereitos da Infancia.

Xa que logo, a nosa biblio adornouse cun photocall para a ocasión por onde desfilaron e posaron para unha foto todos os nosos buliamigos co seu pixama e o seu libro preferido. Houbo pixamas moi chulos e de seguro estiveron todos ben quentiños!

Se queredes ver fotos deste día, non dubidedes en pasarvos pola seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcastrilloncoiro/node/554

Buliapertas!

Comentarios