DÍA DO LIBRO

23 de Abril. Día do libro. Como vimos facendo por estas datas, a biblioteca organizou novamente o apadriñamento lector. Nenos e nenas de 3º ata 6º de Primaria apadriñaron a outr@s dos cursos inferiores e lles leron un conto aproveitando ca,lquer lugar do cole. Xornada moi bonita e emotiva con agasallos para os padriños de parte dos seus afillados.





0 comentarios:

Publicar un comentario