Ola de novo.
Comezamos este "especial" novo curso na biblioteca de Buli. Aínda que para a hora de ler xa se comezou a prestar exemplares, agora queda que os nosos alumnos-as poidan tamén levar os libros en préstamo.
Está xa elaborado un cadrante no que cada curso ten asignado un día para baixar á biblioteca. As visitas non poderán ser tan frecuentes coma en anos anteriores, polo que estivemos dándolle voltas á cachola e, finalmente, atopamos un xeito moi doado de poder solicitar libros da biblioteca de Buli dende a vosa propia casa.
Non tendes máis que facer clic na imaxe dunha meiga que podedes ver á dereita do blog e, desa forma, entrades no catálogo online da biblioteca do CEIP Castrillón de Coiro. Á esquerda, facedes clic onde pon "busca avanzada", onde pon sección selecionades "infantil" e hala a buscar un libriño. Pódese buscar por título, autor, ...
Cando vexades a información do libro ou libros, hai un apartado chamado "localización" que vos dirá a que tipo de lector vai dirixido o libro segundo o seguinte criterio:
I1.. Educación Infantil I3.. 2ºCiclo (3º e 4º)
I2.. 1ºCiclo (1º e 2º) I4.. 3ºCiclo (5º e 6º)
Se remata en G o libro será en Galego e se remata en C é porque está en Castelán.
IMPORTANTÍÍÍÍÍÍÍÍSIMO. Tamén hai libros para adultos que se poden prestar co número d@ vos@ fill@; pero sería mellor que solicitárades o voso propio carné. Preguntade no noso email: moradabuli@gmail.com
Comentarios
Publicar un comentario