Curso 2021/2022


Ola a todos, Bulilectores!
 
Esta publicación chega cun pouco de retraso, xa que no mes de outubro xa empezamos cos préstamos, pero é que estamos preparando tantas cousas chulas que aínda non tivemos tempo de pasarnos por aquí!

Este curso buscamos a maneira de que todos poidades baixar á Morada de Buli máis a miúdo. Non tedes máis que consultar o cadrante, e en principio poderedes facer os préstamos cada quince días. 

Aproveitamos para recordarvos que polas tardes, dende as 15:50 ata as 17:00 podedes pasarvos tamén pola biblioteca se é que acabades os libros que tedes emprestados moito antes de que vos toque volver coa vosa clase a cambialos. 

Lembrade que os papás, mamás, avós e avoas tamén podedes facervos socios da Morada de Buli! Enviádenos un correo a moradabuli@gmail.com ou ben preguntade no cole e deixade os vosos datos. Porémonos en contacto convosco! 


Apertas bulidianas!







Comentarios